Site icon Crónica3.com A Mariña

O venres entréganse os premios dos concursos para a eliminación da discriminación racial convocados polo Concello de Burela

Burela, 23 de abril de 2014. Este venres, 25 de abril, ás 11:30 horas na Casa do Concello terá lugar a entrega de premios aos gañadores dos concursos de Lemas e de Debuxo-Pintura para a eliminación da discriminación racial, que convocou a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade a través do Programa de Atención a Inmigrantes.

A gañadora do I Concurso de Lemas foi Carla Fra García de 12 anos de idade do CEIP Virxe do Carme polo lema Burela en igualdade, Burela calidade. No caso do I Concurso de Debuxo-Pintura os gañadores foron Iria Calvo Fernández de 8 anos de idade do CEIP Vista Alegre e Kemer Monteiro da Costa tamén de 8 anos de idade e do CEIP Virxe do Carme.
Na categoría especial os gañadores foron o debuxo común realizado pola Asociación de axuda ó Enfermo Mental A Mariña e o de Ángeles Cao Fernández da Fundación Eu Son.

O Concello de Burela estivo a realizar nas últimas semanas unha serie de actividades para traballar no fomento da igualdade e da non discriminación racial e nesa liña seguirá ao longo dos vindeiros meses.

Exit mobile version