Site icon Crónica3.com A Mariña

O ximnasio multiusos municipal de Lourenzá reabriu con nova xerencia e instalacións renovadas

Lourenzá, 2 de abril de 2014. O ximnasio multiusos municipal de Lourenzá reabriu este mércores con nova xerencia e instalacións renovadas.

A alcaldesa, Emma Álvarez Chao, recordou que o ximnasio “foi adxudicado a finais de febreiro á firma laurentina Ana Sport” e explicou que “estará xestionado por Brenan Rivas Terrón e Alicia Vázquez Beltrán, que teñen formación específica de monitor deportivo ademais de cursos de masaxistas”.

A rexedora tamén explicou que “hoxe mesmo, acompañada polo titular e por estas dúas persoas que exercen de encargados, puiden comprobar a renovación de máquinas e material e tamén das súas instalacións en conxunto. O horario de apertura ao público será: de luns a venres de 10 a 13:30 e de 17:30 a 22:30 horas e os sábados de 10:30 a 14 horas. Faranse distintas actividades en función da demanda dos usuarios, como poden ser ximnasia de mantemento, psicomotricidade para nenos, pilates, tonificación e outras baixo a demanda dos usuarios. As persoas interesadas en participar nestes cursos poden obter información chamando ao teléfono 690.18.10.32. Ademais haberá actividades individualizadas como musculación, adestramento en suspensión, traballos de cardio, pódese acceder á sauna e rutinas de traballo personalizadas, aparte das masaxes que poden impartir calquera dos dous xestores, que poden ser masaxes relaxantes, descontracturantes, facial, deportivo, de precompetición, competición e postcompetición. Ademais dende o propio ximnasio tamén se van xestionar dietas personalizadas”.

Emma Álvarez rematou comentando que “o ximnasio multiusos de Lourenzá está situado no Campo da Gracia e contamos que isto sexa unha boa nova para aqueles usuarios que tiveron que ver interrompida a súa actividade por este novo proceso de adxudicación”.

Exit mobile version