Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de Banda Deseñada no IES Perdouro

Este mércores 2 de abril, de 11:30 a 14:00 horas, o debuxante e guionista lucense, Primitivo Marcos, impartirá un obradoiro de Banda Deseñada no I.E.S. Perdouro, unha actividade máis dentro dos VI Encontros de BD na Mariña. O alumnado de 1º de E.S.O. terá a oportunidade de coñecer en persoa o autor de recoñecidas publicacións de BD como O Mariscal Pardo de Cela, María Castaña, Aventura no Camiño de Santiago I (actualmente está a traballar na segunda parte), Os Fernández (na revista Golfiño), entre outras moitas. Primitivo Marcos daranos as pautas básicas para facer un cómic.

Exit mobile version