Site icon Crónica3.com A Mariña

Oito establecementos comerciais de Foz regalarán flores polas compras do Día da Nai o 2 e o 3 de maio

Foz, 25 de abril de 2014. Oito establecementos asociados á ACIA local protagonizan a campaña do día da nai en Foz. As persoas que realicen as súas compras neses comercios ao longo dos días 2 e 3 de maio recibirán coma obsequio unha flor.

Segundo explican desde a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos focense “aquelas persoas que fagan as súas compras nestes locais levarán de agasallo unha flor para as súas nais”. Participan nesta campaña Decoraciones Pura, Arrullos, Chilena, 100 P’S, Electrodoméstico Cenor, Ginzo Hombre Mujer, María Docampo e Electrodomésticos Celso.

ACIA Foz anima “a facer as compras destas datas no comercio local e tradicional da nosa vila, porque todos saímos gañando”.

Entrega de premios ós gañadores da Ruta de Tapas
Por outra banda, mañá ás 22:30 horas no hotel Leyton terá lugar a cea de ACIA Foz que servirá para conmemorar o vixésimo sexto aniversario de creación da asociación e para entregar os premios aos gañadores da Ruta de Tapas 2014, que foron: Cafetería Pastelería Anduriña, O Muelle Bar e Cafetería Xoyma.

No acto tamén se presentará aos novos membros da directiva que preside José Carlos Paleo, e da que formarán parte os propietarios de establecementos como: Pi-R, Ginzo Hombre Mujer e Decoraciones Pura.

Exit mobile version