Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Billardeiros Musicais, campións da tempada da LNB NorLeste

Emocionante a penúltima xornada da Liga Nacional de Billarda na conferencia NorLeste que se celebrou no pavillón deportivo de Bretoña o sábado 12 de abril.

Estaba previsto xogar no campo de futbol, pero atrancos de última hora e o frio nordés que nos acompañou na tarde fixeron que se optara polo pavillón co que a xornada foi moi dinámica e rápida e como normalmente acontece en pistas rápidas, abondaros os tiros directos. Convertéronse un total de 27 varados, a segunda marca da tempada pero ainda lonxe dos 36 acadados en Meira na xornada numero sete.

O campión da xornada foi Franco con 9 puntos sobre 10. Houbo desempate para o segundo e terceiro postos a tres carreiras entre Daniel, Juan, Coedo, Corton, Lucía e Richar, segundo foi Suso Coedo e terceiro Cortón.

Os agasallos nesta ocasión para os tres primeiros e o equipo gañador, foron uns artísticos chocolates saídos das artesáns mans do tamén palanador Hervi acompañadas dun tarro das míticas “freces” que finalmente fixeron aparición e puideron probar in situ.

Xa temos equipo campión: os “Billardeiros Musicais” de Ribadeo convértense a falta da xornada de Remourelle nos gañadores da tempada 2013.14.

A baixa por enfermedade dun dos seus primeiros espadas, o bicampión nacional Markytos, non so non mermou o rendimento do equipo senón que lle deu folgos e novos brios para gañar nas derradeiras dúas xornadas, tanto en equipos como en individuais e poder adicarlle o triunfo ao seu compañeiro, ao tempo que consolidaban o liderazgo amosado perante toda a tempada.

O segundo equipo que representará a conferencia NorLeste nas finais de Marrozos do 25 de maio, serán os “Carabullo de Teixo” de A Terra Cha-Muimenta, dado que os “Troitas Bravas” de A Pontenova encontránse na terceira posición a insalvable distancia (salvo catástrofe total dos primeiros) de 28 puntos.

En individuais houbo poucas variación na xornada, os primeiros clasificados aguantaron o tipo e manteñen posición cara a derradeira xornada. Será Remourelle quen dicte sentencia e proclame os campións individualis da liga tanto masculinos como en donas.

Ainda que en principio parten como favoritos Daniel e Geni, ó primeiro ten como perseguidores a Juan e Coedo (a 3 e 4 puntos respectivamente) e Geni manten ventaxe de 4 puntos sobre Reyes. A distancia pode ser suficiente pero non insalvable polo que deberán filar fino e non cometer erros que os poidan privar do campionato.

En varados a cousa non está tampouco clara. Salvo catástrofe Santi, Daniel e Regueiro están clasificados, faltan dúas plazas mais polas que poderán loitar ata dez palanadores ou mais. A pista de Remourelle tamén é propicia para esta xogada sempre que o tempo axude un pouco e o vento non non faga una mala pasada.

Antes de finalizar a liga, o vindeiro sábado 26 de abril, temos o xa tradicional viaxe a Xil (Meaño) na disputa do Xerro do Salnés. A mañan faremos una reunión con xente das outras conferencias para pechar definitivamente a participación nas finais de Marrozos e a continuación a ruta dos furanchos previa o abertiño da tarde. Haberá autobús para o traslado que sairá de Ribadeo as 08:00 da mañan. Confirmade a viaxe o antes posible.

As clasificacións quedan deste xeito:

Individual: Daniel 78 p., Juan 75 p., Coedo 74 p, Charli e Regueiro 72 p.

Equipos: Billardeiros Musicais 338 p., Carabullos de Teixo 283 p. e Troitas Bravas 255 p.

Varados: Santi 12, Daniel 11, Regueiro 8, Charli, Pepe e Richar 5.

Exit mobile version