Site icon Crónica3.com A Mariña

Os facultativos do Hospital da Costa cren que “a resonancia magnética faise cada vez máis necesaria nun hospital cada vez máis obsoleto”

Dende o últmo comunicado que enviamos os facultatvos (publicado na prensa hai unhas semanas) ata o día de hoxe, o número de enfermos en lista de espera para realizar unha Resonancia Magnétca Nuclear (RMN) aumentou o sufciente como para que xa sexan preto de mil os pacientes en espera; esto supón que teñen que agardar máis de sete meses por unha resonancia. Na actualidade, é a Estructura Organizatva de Xestón Integrada (EOXI) de Lugo quen paga ao camión da empresa privada coa que se ten concertada a RMN. Xa temos comentado que, cando o pago se realizaba dende Burela, dito camión adoitaba vir tres semanas ao mes; dende que o paga Lugo, houbo varios meses nos que unicamente veu unha semana ao mes.

Nas diferentes consultas do hospital están a verse agora enfermos con resonancias solicitadas nos meses de setembro e outubro do ano pasado. A RMN, prometda repetdamente dende o ano 2004, consttúe na actualidade unha ferramenta de diagnóstco absolutamente necesaria para o exercicio da medicina cotdiana, polo que o retraso na súa realización é totalmente inadmisible. Da súa pronta realización dependen dende o achado de problemos tumorais, cuio diagnóstco precoz pode ser de vital importancia, ata unha evaluación temperá de enfermos que están de baixa laboral. Son, ademais, necesarias para levar a cabo innumerables actuacións terapéutucas. É dicir, a rápida realización das resonancias conduce sempre ao aforro de medios económicos, tan escasos na actualidade, así como á lóxica mellora na calidade de vida dos pacientes.

Os facultatvos do hospital mostramos, dende hai anos, a nosa permanente preocupación por este tema. Varios xerentes presentaron na consellería estudos que demostraban a rendibilidade de que a resonancia se instalase en Burela, xa que o gasto xerado pola concertación coa empresa privada que a realiza se vería claramente compensado en menos de dous anos a partres da súa dotación no hospital.

Actualmente, sería a Xerencia de Lugo a encargada de preocuparse pola mellora desde servizo en Burela. Non obstante, cando os facultatvos preguntamos pola RMN nunha reunión mantda recentemente cos responsables de Lugo, obtvermos como resposta que eles non prometeran nunca nada ao respecto, e que non podiamos mellorar en algo que nunca tvemos. Estas respostas falan por si soas e, para os pacientes da Mariña, non resultan precisamente esperanzadoras.

Exit mobile version