Site icon Crónica3.com A Mariña

Os premios da Feira de Gando das Quendas 2014 reparten preto de 1.500 euros

Mondoñedo (Lugo), 21 de abril de 2014. A tradicional feira das Quendas de Mondoñedo, contara este ano cun nova edición de premios na Feira de Gando, que se celebra o día 1 de maio, no que a Organización repartira este ano preto de 1.500 euros. Para o Presidente da Comisión de Festas, Miguel Souto “é fundamental manter este tipo de eventos do mundo cabalar, porque si algo caracteriza a Mondoñedo é a súa entusiasta devoción por manter as nosas tradicións e por reivindicar as nosas feiras”, explicou.

A categoría que terá a maior contía nos premios de gando, será a de numero de cabezas de gando cabalar de monte, cun mínimo de 50 cabezas, cun premio de 350 euros. Tamén haberá un premio para o numero de cabezas de gando, mínimo 25 cabezas, que levara 200 euros. A Organización tamén premiara ao mellor cabalo de pura raza galega, ao mellor cabalo de tiro percherón e ao mellor cabalo de sela con 100 euros cada un.

Entre outras categorías esta edición tamén contara cun premio especial para o cabalo mellor engalanado ao xeito tradicional galego con 50 euros.

O 1 de maio, ás 11 horas, tamén se poderá asistir a unha demostración de ferrado de cabalos a cargo de Noel Cortón, no Campo da Feira. Ademais este ano como novidade haberá Exhibición e Concurso Hípico de Salto, será o sábado 3 de maio ás 16.30 h no recinto da Granxa, a cargo de Hípica Equs Cavalletti de Lugo.

Exit mobile version