Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela organizan unha charla sobre “a Lei do aborto e a reforma que ten pensado aplicar o goberno do PP unha vez pasen as eleccións europeas”

Dende o PSdeG-PSOE de Burela no noso afán de abordar temas que poden influír na vida dos nosos veciños e veciñas, e despois de ter feito xa dúas charlas na que tratamos asuntos de interese na vida da nosa vila e dos seus cidadáns como foron: “Os abusos das compañías eléctricas” (21/12/2013) e “A reforma pesqueira na Unión Europea” (21/02/2014), queremos seguir a afrontar temas de actualidade e que poden espertar o debate e a opinión dentro da nosa sociedade.

Polo anteriormente exposto o vindeiro día 24 de abril (xoves), imos a celebrar no Salón de Conferencias de Burela ás 20:30 horas unha nova charla na que imos abordar a Lei do aborto e a reforma que ten pensado aplicar o goberno do Partido Popular unha vez pasen as eleccións europeas.
Na charla van a intervir a Deputada Provincial Sonsoles López, concelleira e portavoz do PSdeG-PSOE no Concello de Paradela, e unha firme defensora dos dereitos das mulleres. E o Médico-Xinecólogo Cristóbal Garfia, un profesional contrastado no mundo da xinecoloxía que nos dará unha opinión profesional sobre a lei de aborto actual, da pasada e da reforma que propón o Partido Popular. O acto será presentado polo Secretario Xeral da Agrupación de Burela, Ramiro Fernández e contará coa Coordinadora Comarcal do PSdeG-PSOE da comarca da Mariña, Mayra García, que moderará a charla e dará paso as preguntas e dúbidas dos asistentes sobre este asunto que imos a tratar.

Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos convidar a todos os veciños e veciñas de Burela a participar activamente nesta interesantísima charla-coloquio que seguro nos sacará de moitas dúbidas sobre o dereito da muller ó aborto, e as consecuencias que ten a devandita lei na vida das nosas mozas e mulleres, e tamén na vida familiar dos cidadáns.

O PSdeG-PSOE de Burela vai a seguir nesta mesma liña de traballo e vai tentar de seguir a facer estas charlas-coloquio que nos parecen moi interesantes para os intereses dos veciños e veciñas de Burela.

Exit mobile version