Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas do Valadouro critican as declaracións da portavoz de Udival despois do Mercao de Primavera

O Secretario Xeral dos Socialistas do Valadouro, José Luis Fernández, convoca Executiva Local da Agrupación do Valadouro o próximo xoves coa intención de analizar as declaracións que a portavoz de UDIVAL fixo o día despois da celebración do Mercado de Primavera.

“Nunha noticia que non debería máis que reflexar o bo ambiente vivido polos veciños o sábado, expresou o seu malestar despois da colaboración dos empregados municipais, concelleiros do seu partido e cargos internos que prestaron toda axuda na montaxe, organización e limpeza da festa coa única intención de que Ferreira fixera honra ó que se está a converter no seu día grande. O apoio prestado á concellería de Cultura só estaba representada por un membro de UDIVAL, Marco Uria”, recorda Fernández.

“Non é de recibo que mentres todos estamos limpando a vila aparezan declaracións que chegan dende 1000 km de distancia tapando a boa festa vivida o sábado”.

Exit mobile version