Site icon Crónica3.com A Mariña

Pasada das Cabras viaxa ó Desfiladero de los Arrudos

A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto facer o vindeiro sábado 12 de Abril a ruta do Desfiladero de los Arrudos no Parque Natural de Redes en Asturias de 10 quilómetros e dificultade media/baixa. O prezo será de 25 € para os socios e de 30 para os non socios co autobús e comida incluídos. A saída será ás sete da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves 10 ás 13.00 horas.

Exit mobile version