En concreto, as inmediacións do Castro da Atalaia agochaban unha base dun muíño manual da época castrexa, feito en granito, duns 36 centímetros de diámetro e uns 10 de grosor. Este foi o elemento máis pesado de todos os atopados e o que presentou máis dificultades na súa extracción. Nesa zona tamén se descubriron varios anacos dunha vaixela de cerámica, datada polo arqueólogo entre as na épocas galaico-romana e medieval.
Un útil prehistórico
Outro dos resto atopados foi un seixo branco, moi erosionado, dun tamaño semellante ao dunha man, que segundo o arqueólogo de Patrimonio é un útil da época prehistórica. Un elemento que foi levado á delegación Territorial para unha análise máis pormenorizada.
Foi un membro de Mariña Patrimonio o que detectou a existencia de restos arqueolóxicos á vista e o que se comunicou co Concello de Cervo para avisalo dos achados. Nese momento, a administración local contacta coa Xefatura Territorial da Consellería de Cultura en Lugo para informar dos descubrimentos e para traballar na súa recuperación e conservación. Así, o 3 de abril achégase ata a zona un arqueólogo do servizo para inspeccionar os restos e retiralos de forma inmediata para evitar a súa desaparición e depositalos de forma provisional nas dependencias municipais.
Unha inspección na que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso, o arqueólogo de Patrimonio, os membros de Mariña Patrimonio Manuel Miranda e Miguel Vizoso, así como traballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que se encargaron de desenterrar os restos así como de transportalos. Unhas pezas que serán conservadas, protexidas e divulgadas no Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga, situado en Castro de Rei.
A edil de Cultura destaca que “la recuperación de estos restos arqueológicos, de gran valor histórico, ha sido posible gracias al trabajo conjunto del Servizo de Patrimonio Cultural, Mariña Patrimonio y el Concello de Cervo, una unión de esfuerzos que ha permitido dar todos los pasos necesarios para localizar, extraer, analizar y proteger las piezas”. Da mesma maneira a edil tamén quixo recoñecer especialmente “la implicación y la importante labor que está desarrollando Mariña Patrimonio en la recuperación del patrimonio de la comarca”.