Site icon Crónica3.com A Mariña

Pesar da Deputación polo accidente marítimo da ría de Vigo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, quixo transimitir en nome da Corporación e no seu propio, o profundo pesar polo falecemento de tres persoas no accidente marítimo ocorrido esta madrugada en Vigo, o choque dun pesqueiro contra un mercante na entrada da ría. Gómez Besteiro tamén quixo trasladar ás familias, amigos e compañeiros dos dous mariñeiros que a primeira hora de hoxe continuaban desaparecidos, o desexo de que a busca teña “o mellor dos desenlaces posibles”. No accidente rexistrado este mesma madrugada, un dos máis tráxicos ocorridos nas costas galegas nos últimos anos, e do que aínda se descoñecen as causas, foron rescatados con vida outros cinco mariñeiros que traballaban a bordo do pesqueiro Mar de Marín, para os que o Presidente tamén tivo unhas palabras, desexándolles unha pronta recuperación.

Exit mobile version