Site icon Crónica3.com A Mariña

Plantando árbores en Vilamar

020414 Foto arbore Vilamar (2)Un grupo de nenos e nenas do colexio público de San Miguel acudiron este mércores á área recreativa de Vilamar. Alí estiveron a participar nun xogo que tivo á recollida selectiva como protagonista. O alcalde, Alfonso Fuente, subliñou que “estas campañas que estamos a realizar desde o Concello cos nenos están a resultar moi positivas, xa que por exemplo nos contedores do vidro de Barreiros a súa recollida é a triple da media por habitante que se rexistra en Galicia”. O rexedor dixo que “hai que concienciar á sociedade empezando polo nenos e nenas, que logo lles din aos seus pais e avós como teñen que facer para reciclar o lixo. Eses nenos serán adultos e xa estarán acostumados a preocuparse polo medio ambiente”. Fuente Parga indicou que “a boa xestión dos residuos, posibilitará un abaramento na factura que o Concello lle paga a Sogama, e que o incremento previsto no seu canon non se lles repercutirá aos veciños de Barreiros”. Os nenos do colexio público de San Miguel prantaron despois nove árbores na área recreativa de Vilamar. Deste xeito celebraron, ao igual que xa o fixeran hai uns días os de San Cosme, o día da árbore.

Exit mobile version