Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do Grupo Municipal Popular de Viveiro de cara ó vindeiro pleno

Viveiro, 24-4-14.- Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación as seguintes preguntas sobre as que desexa obter no próximo Pleno a correspondente resposta, ben oral ou ben escrita.

1º ) O crecemento do parque automovílistico en épocas estivais no noso Concello, en particular nas zonas de Cantarrana e Granxas na parroquia de Covas, así como no núcleo de Viveiro, está a provocar a falta de aparcamento para os vehículos, un tema de especial preocupación tanto para veciños como visitantes, e mesmo pouco vantaxoso para as zonas de actividade comercial, en especial nestas épocas vacacionais ou festivas. Por este motivo preguntamos á Alcaldesa:
Ten o equipo de goberno pensada algunha medida, a curto ou medio prazo, para crear novas zonas de aparcamento na parroquia de Covas e no núcleo de Viveiro?

2º ) No Pleno do día 22/09/2007 levouse o Dictame sobre propostas de novos nomes para distintas rúas do Concello, sendo un total de 18, e que foi aprobado, entre elas a de Maruja Mallo. Así mesmo no pleno do 22/12/2008 dictaminouse favorablemente e por unanimidade, tanto en comisión como en Pleno, dar novos nomes á Rúa Fragata Magdalena e á Rúa Bergantin Palomo na parroquia de Covas. No Pleno do 19/02/2013 adoptouse por unanimidade o acordo de dar nome a unha avenida na parroquia de Celeiro a D. Gerardo Harguindey Banet, así como no Pleno do 25/04/2013 se aprobou o nomeamento do Rueiro do Barrio de Xunqueira, e xa por último no Pleno do dia 31/03/2011 tomouse o acordo plenario de renumerar as rúas e burgos á maior brevidade.

A dia de hoxe falta casi a totalidade da colocación de placas e renumeración das rúas, o que provoca confusión cos nomes e cos números, tanto para os veciños coma para o servicio postal de Correos, incluso lle provoca confusión ó propio equipo de goberno, tal e como puidemos comprobar hai uns días en distintos medios. Por todo esto preguntamoslle á Alcaldesa:
Cal foi a causa polo que nun se completou a colocación de placas nas rúas e renumeración a día de hoxe?
Para cando a colocación das placas das novas rúas e as renumeracións acordadas en Pleno?
Vai convocar a Alcaldesa á comisión correspondente para a designación da rúa a D. Carlos Oroza?

3º) Fai uns meses, no Parque Municipal Pernas Peón, uns vándalos fixeron unhas pintadas en varias árbores, mesas e bancos do citado parque, moitas delas con pintadas ofensivas á Policía. Como queira que a día de hoxe seguen as mesmas pintadas, o que provoca un mal aspecto tanto para os veciños como para os que nos visitan, por este motivo lle preguntamos á Alcaldesa :
Ten previsto proceder á limpeza destas pintadas?
Se se ten previsto, cando contan facelo?

Exit mobile version