Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación de “Sesentaynueve” ilustrado por Otero Regal

Este venres 4 de abril, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura de Burela terá lugar o acto de presentación do libro “SESENTAYNUEVE” de José Díaz e ilustrado por Otero Regal. Ó acto asistirán tamén Pepe Vázquez Peinó, concelleiro de Alfoz, profesor guionista e actor de Raiolas; Severino Cardeñoso, editor e director da Editorial Cardeñoso de Vigo e Pablo Villalpol, delegado de El Progreso na Mariña; ademais do propio autor. Colaborarán no acto Bernardo Penabade e unha alumna do IES Perdouro; ademais de Luismi, presidente de O Bordelo; e os actores Cachín, de Raiolas, e Paco Piñeiro, director teatral de O Bordelo, que escenificarán o relato “Cien tangas y un encendedor”. Tamén haberá música da man de Beto e Bile –ex de Da Capo-.

Exit mobile version