Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do manto e o traxe da Nosa señora do Camiño da Luz

A Xunta Directiva da Hermandad de las Siete Palabras convoca unha asamblea xeral e reunión de levadores dos pasos para o sábado 5 de abril nos Claustros de San Francisco cunha primeira convocatoria ás 19.30 horas e segunda ás 20.00 horas. Entre a orde do día figura o estado de contas, o balance de actividades e proxectos realizados, os proxectos para o 2015, a reserva de traxes e a definición dos levadores. Ó seu remate terá lugar na igrexa parroquial de San Francisco a presentación do manto e do traxe de procesionar da “Nosa Señora do Camiño da Luz”.

Exit mobile version