Site icon Crónica3.com A Mariña

Primeira reunión da nova xunta directiva de ACISA Ribadeo

Ribadeo, 29 de abril de 2014. A nova xunta directiva de Acisa Ribadeo celebrou este luns pola tarde a súa primeira reunión de traballo. O presidente, Roberto Ramos, explicou ós novos membros as actividades e as campañas máis próximas da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo neste momento, tales como o día da nai ou algúns actos que terán lugar durante a nova edición do Ribadeo de tapeo que se celebrará na localidade do 10 ó 18 de maio, organizado polo Concello. A directiva perfilou o seu calendario de traballo para as vindeiras semanas.

A nova directiva de Acisa Ribadeo está integrada por: Roberto Ramos, como presidente; David Fernández Freijo, de Nordés Náutica, como vicepresidente; o secretario é Roberto Rivas Tomé, de Restaurante Marinero; da tesorería encargarase Manuela Torviso Pérez, de Mercería Torviso; e os vogais son Rocío Martínez García, de Restaurante Costa Verde; David Martínez Martínez, de Hola Ola; José Antonio Lombardero Bellón, de Bar Queimada; Manuel Vázquez González, de Servicios Audiovisuales El Farero; Ana Abad Sánchez, de Anais Moda; María del Mar Torviso Berdeal, de Opticalia Ribadeo; Ramón Leivas Lavandeira, de Garaje San Andrés; e Francisco Miguel Iriarte Quintana, de Gráficas Ribadeo.

Día da nai
ACISA repartirá 1.250 euros en premios durante a campaña do día da nai. A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo segue celebrando o seu 25 aniversario, “de ahí que pongamos en juego 25 cheques regalo por importe de 50 euros cada uno”. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras do día da nai ata o vindeiro 4 de maio nos establecementos asociados a ACISA entrarán no sorteo de ditos premios, que se celebrará nas oficinas de ACISA o 7 de maio.

Ademais ACISA encherá de cor rúas de Ribadeo co xa tradicional reparto de caraveis que efectuará o día da madre, o 4 de maio. Un milleiro de flores repartiranse o vindeiro domingo.

Exit mobile version