Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxecto Neo realiza por primeira vez un programa en directo desde fóra do estudo de RadioBurela con ‘De Burela a Rianxo a través das ondas!’

O IES Perdouro acolle este luns 28 de abril unha delegación de alumnos do IES Félix Muriel de Rianxo que forman parte do Equipo de Dinamización Lingüística no marco dun intercambio entre ambos EDL. Nesta 1ª xornada de conviviencia entre os alumnos dos dous centros educativos, tocálle ao IES Perdouro facer de anfitrión. A 2ª xornada celebrarase en Rianxo o 7 de maio.

1º) Serán os alumnos de 4º de ESO e 4º PDC os que se encargarán da acollida no centro educativo. O itinerario que lle ten preparado o IES Perdouro pola Mariña aos alumnos de Rianxo empezará en Cervo visitando un empresario Modelo Burela, o alfareiro Estéfano Gudín. Farán unha parada ao complexo industrial de Sargadelos onde se lles falará de Isaac, Dieste e Seoane así como da historia do Marqués de Sargadelos.

2º) A partir das 13:05 horas, emitirase un programa especial e en directo “DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS!”dende a biblioteca do IES Perdouro onde participarán os alumnos de ambos centros.
RadioBurela e Proxecto Neo dispóñense a facer seu un novo obxectivo: teremos por PRIMEIRA VEZ un programa en directo realizado desde FÓRA DO ESTUDIO de Radio Burela, conducido polos presentadores do programa de radio educativa da Emisora do Corazón da Mariña: Maka Ledo, Simón Rodríguez Rouco e Sergio Rivas Baliña. DE BURELA A RIANXO A TRAVÉS DAS ONDAS! Será a primeira vez que RadioBurela faga unha experiencia destas.

3º) A medio día, haberá unha comida de confraternidade entre os participantes na área recreativa do Cantiño e logo uns xogos populares.

4º) Pola tarde, de camiño a casa, os alumnos de Rianxo pararán en Mondoñedo para visitar no seu itinerario literario as tumbas de Cunqueiro, Pascual Veiga e Leiras Pulpeiro.

Exit mobile version