Site icon Crónica3.com A Mariña

Regresa á palestra o Encontro de deporte base na Mariña co seleccionador do Xapón

cartel-encontro2014Xoves 3 de abril. A Fundación Imdecum continúa coa súa programación de promoción de fútbol sala na provincia coa celebración da cuarta edición do Encontro do Deporte Base na Mariña. A cita, prevista para a mañá do vindeiro sábado, 5 de abril, terá como convidado o seleccionador de fútbol sala do Xapón, Miguel Rodrigo.

Tras o adestramento do combinado nipón en Vista Alegre,, Miguel Rodrigo dirixirá unha sesión práctica destinada á Selección da Mariña Cadete de Fútbol Sala, baixo o título ‘Exercicios para a asimilación do xogo con pivote’. O Encontro tamén estará aberto para todo o profesorado do deporte de base da bisbarra interesado no tema.

Esta non será a primeira vez que Miguel Rodrigo, valenciano de orixe e granadino de adopción (1970), visita as marabillas da Mariña. En 2007, dirixindo o Caja Segovia, formou parte do profesorado do daquela emerxente Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén. En 2011, xa como seleccionador xaponés, disputou un amigable cun combinado de xogadores da Mariña.

Exit mobile version