Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes do CD Burela FS na sinatura do Plan de Patrocinio

O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, acompañado polos capitáns do equipo masculino e feminino, Juanma e Lidia, e os canteiráns Carlitos e Paula asistiron este luns 14 de abril ó acto protocolario da firma do Plan de Patrocinio dos equipos de alta competición 2013/2014 da Fundación Deporte Galego.

Os clubs lucenses, do mesmo xeito que en edicións precedentes, procederon a selar o acordo no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo que contou coa presenza do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, que eloxiou ao CD Burela Pescados Rubén por ter na elite tanto ao seu equipo feminino coma masculino.

Exit mobile version