Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión coas asociacións de Burela

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO salón de plenos do Concello de Burela acolleu este martes unha xuntanza con representantes das asociacións do municipio para darlles a coñecer a posibilidade de participar como grupos en programas de turismo termal e cultural. Segundo explicou a edil Diana Durán “houbo moi boa aceptación e moi boa participación”. No acto estiveron o alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, e representantes do Grupo Oca Augas Santas, que é o que oferta a actividade que pode ter unha duración dun ou de varios días.

Exit mobile version