Site icon Crónica3.com A Mariña

Reunión veciñal co PP de Burela no Bar Bitácora

O Partido Popular de Burela manterá este martes 15 de abril ás sete e media da tarde, no Bar Bitácora, unha reunión con veciñas e veciños para explicar o traballo que se está a facer desde o Goberno Municipal e recoller as demandas dos asistentes. Deste xeito, a Agrupación Local do PP da por concluído o ciclo de cinco reunións que tivo polos distintos barrios de Burela. O PP anima ós cidadáns a asistir a esta última reunión, e agradecer a presencia e aportacións dos veciños e veciñas nas anteriores reunións.

Exit mobile version