O grupo de montaña do Club Deportivo Marqués de Casariego organiza unha nova ruta para este domingo 13 de abril. Trátase da ruta Alles – Panes da Peñamellera alta ata a baixa pertencente á GR-109 que atravesa a Comunidade de Este a Oeste. Neste caso realizarase unha ruta de 18 quilómetros e dioficultade media en sentido contrario ó habitual. Os interesados pódense inscribir por un prezo de 12 euros (ou 5 no caso dos socios e 3 os socios colaboradores) nos teléfonos 689 175 515, 659 000 707 ou 608 540 828 ou a través do correo cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es. A saída está prevista dende Tapia para as 07.00 horas.