Site icon Crónica3.com A Mariña

Ruta pola Costa da Morte o domingo 4 de maio

faro-cabo-vilanO Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazarase o vindeiro domingo 4 de maio á Costa da Morte para facer a ruta “O Camiño dos Faros: Sta. Mariña – Camariñas” -de 18,5 quilómetros, dificultade media a de 5,5 horas de duración- para a que prevén a saída ás 07.00 horas. O CAMIÑO DOS FAROS “Sta. Mariña-Camariñas” en Camariñas-Costa da Morte (A Coruña). A comida realizarase de bocadillo. Os prezos para os socios e colaboradores é de 12 euros e 15 para os non socios. Ademais, este importe increméntase en 2 euros se á preciso o seguro deportivo. A data límite de inscrición será o mércores 30 de abril ás 22.00 horas. Dende a organización aseguran que “se trata dunha das rutas costeiras máis bonitas que se poden facer en España pasando polo corazón da Costa da Morte onde se atopan unha espectacular duna rampante, o cemiterio dos ingleses, Cabo Vilán e o seu faro, etc”.

Exit mobile version