
OS QUINQUILLÁNS traen por segunda vez a Ribadeo O CAPRICHO DO TEATRO. Un percorrido pola obra do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño nunha adaptación de Lucho Penabade. Tenrura aceda neste repaso divertido polo teatro galego das últimas décadas. Trátase dunha actividade programada para o alumnado dos centros de ensino, pero pode asistir calquera que teña posibilidades de horario; xa que terá lugar o venres ás 12.00 horas no Auditorio Hernán Naval cun prezo da entrada de 2,50 euros.