Site icon Crónica3.com A Mariña

Semana Santa deportiva para a base

A canteira laranxa gozará dunha Semana Santa deportiva na que participará en diferentes torneos en A Mariña e Segovia.

En categoría prebenxamín, benxamín e alevín o Burela Pescados Rubén disputará o I Torneo Semana Santa Fundación Imdecum que se celebra en Burela, xoves día 17. Tamén estrea torneo o Concello de Barreiros que contará co equipo benxamín, infantil B e cadete B do club burelés, sábado día 19.

Ata Segovia desprazarase o equipo cadete A do Burela Pescados Rubén para competir, un ano máis, no Torneo Kromex “Cidade de Segovia”. O torneo segoviano dispútase durante os días 17, 18 e 19 de abril e será unha boa proba para a escuadra mariñá ante rivais de entidade contrastada.

Exit mobile version