Site icon Crónica3.com A Mariña

Seminario gratuíto de prevención da violencia de xénero en Burela

A Asociación Mujeres en Igualdad Burela organiza un seminario gratuíto de prevención da violencia de xénero. Será o mércores 30 de abril na Sala de Conferencias de Burela (antiga Biblioteca) a partir das 17.30 horas. Os temas a tratar serán a prevención da violencia de xénero, a actitude ante a violencia de xénero, medidas de protección ante a violencia de xénero. Para iso contarán coa presenza de Raquel Arias, delegada da Xunta en Lugo e coordinadora autonómica de Mujeres en Igualdad; e Ana Pacio, Xefa da Unidade Contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo.

Exit mobile version