Site icon Crónica3.com A Mariña

Taller de ideas en San Cosme

taller-ideasO centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolleu este martes un taller de ideas sobre iniciativas para moz@s. Esta actividade estivo dirixida a rapaces, entidades xuvenís, colectivos, técnicos e veciños en xeral maiores de 16 anos. Os participantes recibiron explicacións sobre a estrutura dunha iniciativa, a execución do proxecto, pautas para pasar do papel á realidade, prazos e cronograma, organización no tempo e metodoloxía práctica.Esta xornada estivo organizada pola Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, e pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.

Exit mobile version