Site icon Crónica3.com A Mariña

Veiga critica “a destrucción de emprego no sector da madeira coas políticas do PP”

veiga-madeiraA actividade forestal representa neste momento o 3´5 do PIB galego xerando uns 20.000 postos de traballo directos e 50.000 indirectos. Na comarca da Mariña, no ano 2013 houbo cortas por 1 millón de m3, aportando 40 millóns de euros aos seus propietarios; un resultado económico que está en perigo para miles de produtores pola alianza que acaba de realizar ENCE coa empresa portuguesa que viña operando na compra directa da madeira na Mariña a través das asociacións de propietarios existentes, reforzando así a súa posición de monopolio.

Neste sentido, Veiga precisou que “xa se empezan a detectar manobras para rebaixar o prezo da compra de madeira en torno ao 10%, o que afectaría gravemente a economía de miles de propietarios e por extensión ao mantemento de postos de traballo que hai na actualidade”.

“Fronte a esta situación a Xunta de Galiza non pode seguir de espectadora e ten que activar os mecanismos que xa ten creados como a Mesa da Madeira para analizar a situación co sector e adoptar as medidas necesarias para protexer os intereses de miles propietarios fronte a estas multinacionais e promover e consolidar o desenvolvemento deste sector, vital para a economía de moitos concellos galegos” – concluíu o vicepresidente.

Exit mobile version