
Uns 50 nenos e nenas de 3º a 6º de primaria do CEIP Cervo participaron este martes nunha visita ao Punto Limpo. A semana pasada fora o alumnado do CEIP Cervo nº 1 de San Cibrao o que visitara esta instalación. Con esta actividade finaliza o Mes do Medio Ambiente que se veu celebrando ao longo de abril. Ao mesmo tempo, o Concello continuará poñendo en marcha actividades e iniciativas para a concienciación e o coidado do contorno natural.