Voluntarios de Alcoa San Cibrao rehabilitan este venres 4 de abril a fonte de pedra de Toimil, situada na parroquia de Xuances do termo municipal de Xove. A Asociación Cultural Saíñas de Xove, que colabora na actividade, recibe ademais 3.000 dólares da Fundación Alcoa como respaldo a esta iniciativa dos empregados da fábrica.
Os voluntarios restaurarán a fonte pública, construída en pedra de cantería en 1933; ademais, limparán o entorno de maleza e instalarán pasamáns e barandillas de madeira para proporcionar un acceso seguro á mesma.
A Asociación Cultural Saiñas desenvolve actividades culturais dende fai 30 anos na Mariña lucense, principalmente vinculadas á música e o folclore tradicional. No seu currículo figura a participación en diversos festivais folclóricos nacionais e internacionais con grupos infantís e de adultos, coma o Gotha en Alemaña, e unha diversidade de actos culturais e solidarios.
A conservación da riqueza natural e do patrimonio local é o propósito desta iniciativa dos voluntarios de Alcoa que xa restauraron diversas fontes e outras construccións públicas emblemáticas en diversos paraxes da Mariña. Igualmente, veñen dedicando xornadas do seu tempo libre a limpar espazos naturais e ríos da comarca, coma o Ouro, o Xunco e o Cobo.