Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña viaxa a Manzaneda na semana da cea-baile da asociación

A vindeira semana a Asociación de axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” levará a cabo varias actividades. Para comezar o próximo luns día 5, seis usuarios dos distintos dispositivos da Asociación (CRPL de Burela, CRPL de Ribadeo, Piso Protexido e Unidade Residencial) participarán nunha viaxe a Manzaneda ata o próximo día 8 de maio. Na viaxe participarán tamén usuarios doutras asociacións de Galicia, sendo polo tanto unha actividade con un claro carácter social e de convivencia. Durante esta viaxe os participantes estarán en estreito contacto coa natureza e realizarán actividades moi diversas. Acompañados de monitores e guías iniciaranse en actividades como a equitación, o béisbol ou o sendeirismo ademais de practicar outro tipo de xogos populares. Ademais de promover un estilo de vida saudable, esta actividade redunda no aspecto mais social do noso desenvolvemento, sendo estes dous aspectos claves para alcanzar unha boa calidade de vida.

Como colofón da semana, o vindeiro venres 9 de maio, celebrarase a cea – baile da Asociación. Terá lugar no Restaurante O Castelo (San Cibrao) a partir das 22 h. O menú que se poderá degustar está composto de: langostinos á plancha máis dúo de vieiras, lombo de pescada do pincho ás costas, entrecot de tenreira á prancha con guarnicións e brazo de xitano con xeado. Bodega blanco Albariño e Rioxa tinto, augas e refrescos. Cafés, licores e por suposto….baile. As entradas teñen un prezo de 35 € e poderán recollerse ata o día 7 de Maio nos Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Burela e Ribadeo (en horario de 10-14 h), na Unidade Residencial de Cervo (en horario continuo) e no propio restaurante.

Dende a Asociación convidámolos a que se unan a esta xuntanza para disfrutar dunha noite divertida, relaxada e en boa compañía e tamén para traballar todos xuntos por romper co estigma que acompaña ás persoas con enfermidade mental e concienciar á sociedade da importancia de traballar por unha saúde mental de calidade.

Exit mobile version