Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula CeMIT de Barreiros participa no proxecto internacional ACTing, no que se dan cita axentes TIC de España, Italia, Romanía e Suiza

Barreiros, 22 de maio de 2014. A aula CeMIT de Barreiros ven de sumarse a un proxecto internacional no que participan catro países: España, Italia, Romanía e Suiza.

Segundo explica o axente TIC Manuel Pérez “este proxecto denominado ACTing Project implícase en buscar un envellecemento activo e de inclusión dixital entre a poboación para crear iniciativas innovadoras e singulares”. O proxecto que ten unha duración a dous anos vista, está liderado en España por Fundetec e a Fundación Esplai, deu comezo esta semana en Galicia coa formación por videoconferencia dos axentes TIC, representantes das aulas.
Fundetec sinala que “se trata de formar a los formadores para que éstos, a su vez, dispongan de las herramientas y aptitudes adecuadas para que su labor didáctica en materia tecnológica hacia los mayores obtenga los mejores resultados”.

Segundo datos do Eurostat, máis de 9 de cada 10 mozos, homes e mulleres con idades comprendidas entre os 16 e os 24 anos usan a internet regularmente, mentres que só o  42% dos de máis de 55 anos o fai. “Con todo, non é suficiente só con ensinar como usar a tecnoloxía, senón que debemos axudarlles a descubrir como mellorar as súas vidas, engadilos a actividades dos seus propios intereses e mellorar a súa vida social, todo isto usando as novas tecnoloxías”, engade Manuel Pérez.

Exit mobile version