Na actividade que se celebrou no colexio Juan Rey participaron todos os alumnos, tanto de Infantil como de Primaria. Foi organizada pola Concellería de Cultura, a través da biblioteca municipal, dentro do programa de fomento da lectura Ler conta moito, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia.
O espectáculo titulado Conto contigo, deseñado por Expresión Producións, correu a cargo de Manuel Solla Barragáns, que ofreceu unha experiencia de animación á lectura con contos e houbo moita participación por parte dos nenos asistentes.
Por outra parte, o xurado do certame de narración e debuxo convocado pola biblioteca de Lourenzá para conmemorar o Día das Letras Galegas fixo pública a súa deliberación onte, venres, e a entrega de diplomas e a entrega de diplomas e agasallos aos premiados farase neste mes.
A concelleira de Cultura e Educación en Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, explicou que “os nenos e nenas seleccionados nesta convocatoria local pasan a participar na fase provincial do certame, para a que lles desexamos moita sorte”.