Site icon Crónica3.com A Mariña

A Biblioteca Municipal de Burela conmemora o Día das Letras Galegas cunha exposición sobre Díaz Castro

A Biblioteca Pública Municipal de Burela, para conmemorar o Día das Letras Galegas 2014, inaugura na propia biblioteca unha exposición coa vida e obra de Xosé María Díaz Castro. Con esta exposición pretendemos achegar a vida e a obra do poeta ao alumnado no noso Concello, mais tamén a todas aquelas persoas que teñan o interese pola mesma.

Esta iniciativa responde ao desexo de afondar no coñecemento do autor homenaxeado, Xosé Mª Díaz Castro, e de aproximar a súa obra á sociedade galega a través de materiais didácticos orixinais.

A exposición consta de 10 carteis e de vários libros que amplian información sobre o autor, a súa obra, o contexto histórico-cultural e o médio natural no que desenvolve a súa vida.

A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro 6 de xuño, o seu horário será de luns a venres de 9 a 13:30 horas , e de 17 a 20 horas.

Exit mobile version