Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación reedita #INLUGO14, o congreso de referencia en Galicia sobre redes sociais

besteiro-riveraO Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto ó Director de Fondos Europeos da institución, Pablo Rivera, presentou este mércores o II Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14. “Lugo volverá a ser o centro de referencia das redes socias en Galicia, coa celebración do encontro sobre Internet máis importante da nosa Comunidade, un foro gratuíto e para tódolos públicos, que terá lugar no Pazo de San Marcos os días 6 e 7 de xuño”, adiantou Gómez Besteiro. O ano pasado, chegou a convertirse en Trendig Topic en Twiterr e foi seguido en directo por máis de 2.000 persoas a través das redes socias. Trátase dunha iniciativa cofinanciada nun 80% por fondos europeos do Innova-TE, enmarcada na aposta da Deputación por achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns.

Fomentar o uso da rede e das novas tecnoloxías entre tódolos sectores da poboación e reflexionar sobre as implicacións que ten na vida diaria, son os principais obxectivos deste encontro. Para elo, entre as diferentes actividades que integran o programa, destacan a celebración de varias ponencias, debates ou conferencias, nas que reputados personaxes e expertos no mundo do xornalismo, tecnoloxía, goberno aberto, marketing online ou seguridade na rede, entre outros, avaliarán os cambios de hábitos, mentalidades, formas de comunicación e estilos de vida, que está provocando Internet na sociedade dos nosos días.

Reputados ponentes
O Presidente desvelou que o congreso contará con destacados expertos e figuras relevantes da red como, por exemplo, Ramón Lobo. “Este xornalista de raza, escritor de éxito, blogueiro e corresponsal de guerra nos conflitos bélicos que marcaron o pasado máis recente, como Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona, Liberia ou Ruanda, falará sobre o intenso momento que vive o xornalismo dixital”, adiantou Besteiro. Tamén se darán cita outros nombres propios e expertos na blogosfera como: Carlos Fernández, un dos community manager do momento, responsable do éxito de @policia, o corpo de seguridade con máis seguidores en Twitter a nivel mundial, tras desbancar ó FBI; Pepo Jiménez, máis coñecido como @kurioso, é responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos; Delia Rodríguez, redactora do Huffington Post, experta en internet e autora de “Memecracia”, onde relata o fenómeno dos memes e virais, así como a súa influencia na sociedade; Efrén Vázquez, este lucense que participou no concurso Master Chef falará sobre a moda gastronómica e a influencia das redes sociais no sector; Clara Ávila, blogueira de referencia, galardoada co premio Bitácoras ó mellor blog tecnolóxico por “La Chica del Facebook”; Carlos Guadián, editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do Goberno Aberto; Cristina Juesas, asesora do proxecto do Goberno Aberto do Executivo Vasco, pioneiro en España; Paloma Abad, coordinadora do suplemento de moda, gastronomía ou tecnoloxía do País Semanal; Laura Pintos, redactora xefe de mujerhoy.com. Xunto a eles, haberá representantes da blogosfera lucenses, como Elio Laureano, Hugo Iglesias, Rubén Pérez, Santiago Martínez…., ata completar un cartel de case 30 ponentes, que contan con miles de seguidores nas redes sociais.

Premios INLUGO
Pablo Rivera avanzou que un dos pratos fortes do congreso é a segunda edición dos Premios INLUGO. Nacidos coa intención de recoñecer o labor e o empeño posto por empresas e proxectos lucenses no ámbito dixital, conta con catro categorías : Comercio, Ocio e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Acción Social; e Tecnoloxía. Todos os interesados en participar nestes Premios, deberán presentar as súas candidaturas entre mañá, 29 de maio, e o vindeiro 4 de xuño ata as 20:00 horas. Unha vez finalizado este prazo, un xurado composto por técnicos da Deputación será o encargado de valorar todas as candidaturas recibidas e elixir o gañador de cada categoría. A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase ás 19:30 horas do sábado, 7 de xuño.

Como inscribirse no Congreso
O prazo de inscrición para o Congreso arrincará este mesmo venres, 30 de maio, a partires das 12:00 horas. Todos os interesados poderán conseguir a súa entrada en www.inlugo.com ou www.deputacionlugo.org. O aforo é limitado a 200 persoas, polo que as entradas se formalizarán por rigorosa orde de inscrición. O desenvolvemento destas xornadas tamén poderá ser seguido, ó igual que na primeira edición, a través das redes sociais co hashtag #inlugo14 e en directo, vía streaming, grazas ó traballo dos alumnos da Fundación TIC. Para máis información, como o programa oficial, as presentacións de cada un dos protagonistas e todas as novidades que se vaian dando a coñecer, estarán dispoñibles nas webs www.inlugo.com e www.deputacionlugo.org, así como en Twitter @in_lugo e en Facebook.

Exit mobile version