Site icon Crónica3.com A Mariña

A fronte nacionalista clama en Mondoñedo contra a censura nos medios públicos “porque o sistema sabe a quen ten que silenciar”

A Mariña, 21 de maio de 2014. O BNG celebrou na tarde deste mércores un acto en Mondoñedo coas intervencións da candidata ao parlamento europeo, Olalla Rodil, o membro da Executiva Comarcal e Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga e o alcalde de Mondoñedo, Orlando González. Previo ao acto, cargos inistitucionais e orgánicos do BNG na Mariña entre os que estaban os alcaldes de Ribadeo e Riotorto, Fernando Suárez e Federico Estoa así como outros cargos orgánicos e institucionais na comarca, clamaron contra a “desprezable e antidemocrática censura” imposta pola Xunta Electoral Central que aceptou unha reclamación de UPyD que impedirá a cobertura de informacións do BNG na CRTVG concluíndo que “o sistema sabe a quen ten que silenciar para calar as voces críticas que reclamamos unha UE mais social e respectuosa cos pobos”.

Para a formación nacionalista a decisión da Xunta Electoral Central forma parte dos “intentos de acoso e derribo de voces discordantes como a do BNG” que denunciamos unha Unión Europea sometida ao ditado dos mercados onde quen toma as decisións son os lobies empresariais, a Comisión Europea e o BCE deixando á representación escollida en urna e conforma o parlamento un papel residual.

O recurso aceptado pola Xunta Electoral Central presentado por UPyD demostra o talante antidemocrático e sectario desta formación que obtivo escasos 14.000 votos en Galiza en 2009 por case 104.000 do BNG, e trata co beneplácito dun organismo escollido a dedo polo bipartidismo estatal, de calar e silenciar unha organización como o BNG de ampla implantación no noso pais. Para a fronte nacionalista esta circunstancia non vai facer ceder no traballo á militancia e simpatizantes que estamos, con forzas propias e non prestadas, estendendo porta a porta a nosa alternativa.

Para as e os nacionalistas, aínda que se vexa moi lonxe, boa parte dos retrocesos en materia social e as desigualdades, mais visíbeis a partir do estoupido da crise, proveñen de decisións dunha UE “claudicante no social e agresiva na extensión das grandes corporacións financeiras ás que rescata con fondos públicos a cambio de aplicar recortes masivos no social”

Un exemplo das imposicións europeas a cambio de saír ao rescate da débeda bancaria privada e segue sen ofrecer liquidez ás empresas, está nas sucesivas reformas laborais aprobadas polos goberno do PSOE e PP no Estado, que permitiron despedimentos masivos a baixo custe e deixaron a centos de traballadores e traballadoras na rúa e sen dereitos. Neste sentido lembraron que Mondoñedo e o seu entorno mais próximo sufriron con especial virulencia estas políticas con empresas pechadas como ECAR que eliminou 67 postos de traballo directos, EREs en Mobles Hermida ou Isidro Otero sen que a Xunta, responsábel do fomento de emprego en Galiza fixera nada por evitar esta sangría.

Exit mobile version