Site icon Crónica3.com A Mariña

A Hermandad de Mujeres de la Santa Cruz non se fará cargo das alfombras do Corpus este ano

A Hermandad de Mujeres de la Santa Cruz, anunciou que este ano non pode sufragar os gastos que supoñen a elaboración da Alfombra Floral do Corpus e, polo tanto, a menos que un patrocinador queira facere cargo dos mesmos ou haxa contribucións individuais ou de entidades, veranse obrigadas a non poder elaboralas “como sería o noso desexo”.

Mª Carmen López, Hermana Mayor da Hermandad, recorda que “cando iniciamos esta actividade tiñamos o apoio do Concello e, algún ano, da Cofradía de Celeiro, para o pago do sal xunto cos tintes, flores, flores e plantillas, que son os custos máis importantes; xa que o resto é man de obra froito do traballo de moitas voluntarias que durante máis dun mes se dedican a esta tarefa”. Así mesmo, engade que “somos conscientes da crise e a este proxecto tamén lle afecta”.

Nunha reunión da Xunta Directiva tomouse a decisión xa que nos últimos anos fixemos un gran esforzo, mesmo privando á Cofradía de necesidades da mesma. Pero, agora non ten dispoñibilidade para sacala adiante e, con gran sentimento, porque cremos que se impulsou coas mesmas a Festividade do Corpus.

De calquera forma reuniranse os distintos equipos de voluntariado para estudar o tema e ver se eles queren traballar nalgo máis simple e máis fácil.

“Viveiro meréceo, pero as forzas económicas obrígannos”, xustifica Mª Carmen López.

Exit mobile version