Site icon Crónica3.com A Mariña

A provincia de Lugo aporta o 45% da superficie dedicada ó sector ecolóxico en Galicia

310514 Visita á feira IILugo, 31 de maio de 2014.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, asistiu este sábado á celebración da feira Ecolugo, que durante toda a xornada reúne na praza de abastos de Lugo postos de producción ecolóxica procedentes de distintos puntos da comunidade galega.

Arias valorou a puxanza deste sector agrogandeiro, no que a provincia de Lugo representa “unha referencia da produción ecolóxica”. A delegada territorial referiuse a que no territorio lucense concéntrase “o 45% da superficie certificada deste tipo de producción en toda a comunidade (15.670 hectáreas), na que a facturación se acercou no pasado ano aos 26 millóns de euros”.

Neste sentido, a delegada falou “do pulo” deste sector, no que que o volume de negocio de vendas certificadas en ecolóxico medrou en máis dun 11%, ao pasar de máis de 23 millóns de euros en 2012 a 25.916.446,78 euros no 2013.

“Neste crecemento teñen un papel clave as exportacións, que supoñen a apertura de novas oportunidades de negocio, xa que os produtos ecolóxicos de Galicia teñen cada vez máis aceptación nos mercados estranxeiros”, asegurou Arias.

Profesionalización e incorporación de xente nova

A representante do Executivo galego aludiu ao “incremento da profesionalización desta actividade”, a través do ascenso da cifra de operadores e da superficie rexistrada. Este panorama, indicou, demostra que é un sector potencial e de futuro para a incorporación de xente nova. Ademais lembrou que a Unión Europea aposta claramente por esta vía, o que se pon de manifesto en toda a normativa que a regula.

Así, segundo expresou a delegada, tamén se pode entender que o Craega, organismo encargado de controlar este sistema de produción de alimentos agrícolas baseado no respecto ao medio ambiente, no benestar animal e no mantemento e mellora da fertilidade do solo, aumentase a cifra de operadores, que pasou de 607 a 656 no último ano, o que se traduce nun incremento do 8%.

Ecolugo, que cumple este ano a súa cuarta edición, congrega a 16 postos de produción ecolóxica que van dende os xeados e as verduras ata as conservas e derivados cárnicos. Arias, acompañada polo presidente de Craega, José Antonio Fernández; a vicepresidenta, Rocío Freire, e polo secretario do mesmo organismo, Javier Fernández Lozano, visitou a feira e puido constatar a calidade dos produtos. Os produtores participantes na feira son: Biofactory, Caurelor, Terra de Baroncelli, Pecado de outono, Semilleiros Penateixa, Celtaverde, Pan do mar, Milhulloa, Herbas de Caaveiro, Casa grande de Xanceda, Arqueixal, Panadería O Agro, Galletas Mariñeiras, Ganadería Casa Ánxel, Ecofunghi e Teixeiro Lemos.

Exit mobile version