Site icon Crónica3.com A Mariña

A tumba medieval da praia barreirense do Coto, novo xacemento arqueolóxico da Mariña

tumbamedieval-praiabarreirosBarreiros, 28 de maio de 2014.- O Servizo de Patrimonio da Xunta de Galiza incluíu no Inventario de xacementos arqueolóxicos a tumba labrada na rocha, de época medieval e que foi descuberta por un veciño de Ribadeo na praia de Coto, concello de Barreiros.

MariñaPatrimonio solicitara o pasado mes de abril a Patrimonio a súa inclusión ao considerar que se trataba dun novidoso e importante sitio arqueolóxico que cumpría documentalo, dalo a coñecer e protexelo.

A sepultura está situada a 900m da capela de San Bartolo e probablemente exista entre ambas algunha relación.

Como se sabe, a toponimia está moi asociada aos xacementos arqueolóxicos e, aínda que na actualidade non se rexistre ningún nome no lugar que faga referencia a esta tumba, si atopamos en documentación antiga topónimos como Rego do Lopo, Casal e Coto, que perviven na actualidade no entorno do xacemento. Un dato moi relevante atopado tamén nesta documentación é a presenza do topónimo O Corpo Santo “(…) abaxo de dicho Casal que se dice das figueiras y derecho a donde dicen O Corpo Santo y va por toda la orilla de la mar por junto al dicho Coto“.

Corpo Santo é un nome que aparece documentado en toda Galiza e que fai referencia a este de tipo de enterramentos da Idade Media.

Exit mobile version