Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Burela celebra esta fin de semana o terceiro concurso de tapas “Burela, un mar de tapas”

aciaBurela_TAPAS14_CARTELokDespois do éxito das edicións anteriores, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Burela celebra durante esta fin de semana o terceiro Concurso de Tapas entre os hostaleiros de Burela.

Entre o venres 9 e o domingo 11 de maio, Burela vístese de etiqueta para navegar nun verdadeiro mar de tapas, no que dezaséis locais da hostalería local ofrecen as súas mellores creacións gastronómicas ó prezo especial de 2 euros.

Entre tódalas persoas que cubran as tarxetas de participación, consumindo nas seis zonas nas que se divide o mapa do concurso, ACIA BURELA sorteará unha fin de semana nun balneario.

Ademáis, o domingo 11 de Maio a Praza do Concello acolle entre as 11h e as 15h, un dos Obradoiro Gastronómicos “Á_Beira_do_Mar” que promove o GAC-1 A Mariña-Ortegal. Trátase dun obradoiro de cociña para sensibilización e divulgación gastronómica dos produtos do mar das lonxas locais, no que un cociñeiro elaborará sinxelos pratos de cociña con produtos do noso mar, invitando ao público a participar, amosándolles como tratar os productos na cociña, desde a limpeza dos peixes ou mariscos á terminación e presentación dos pratos.

ACIA BURELA invita a tódolos veciños e visitantes a participar esta fin de semana no terceiro ‘Mar de Tapas’, degustando as novas creacións da hostalería de Burela.

Exit mobile version