Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA encheu de cor as rúas de Ribadeo con motivo do Día da Nai para o que desenvolveu unha campaña con 1.250 euros en premios

050514 Foto flores ACISA (1)Ribadeo, 5 de maio de 2014. ACISA encheu de cor as rúas de Ribadeo durante o día da nai. O vermello invadiu a localidade co reparto dun milleiro de caraveis entre todos os fillos e as nais que se achegaron ós membros da xunta directiva a recoller as flores.

A directiva fai un balance moi positivo da campaña “ya que se está convirtiendo en una tradición en Ribadeo. Llevamos ya unos cuantos años repartiendo flores el día de la madre y la iniciativa gusta, eso es lo que nos dicen en la calle, es lo que palpamos año tras año entre las personas que se acercan a nosotros a coger una flor para obsequiar a su madre”.

Ademais ACISA repartirá 1.250 euros en premios nesta campaña do día da nai. A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo segue celebrando o seu 25 aniversario, de aí que poña en xogo 25 cheques agasallo por importe de 50 euros cada un. Todas aquelas persoas que fixeran as súas compras do día da nai nos establecementos asociados a ACISA entrarán no sorteo de ditos premios, que terá lugar nas oficinas de ACISA o 7 de maio.

Exit mobile version