Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo cumpre 25 anos

Ribadeo, 29 de maio de 2014. Tal día coma este venres 30 de maio, pero de 1989, é dicir fai 25 anos, constituíase en Ribadeo a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos. Aquela xornada reuníanse no local de Caixa Galicia ás oito da tarde varios comerciantes, industriais e autónomos, que acordaban nomear unha xunta xestora para realizar os estatutos, reunións informativas e proceder a convocar eleccións. A xunta estaba presidida por Andrés Tojal Rouco, o vicepresidente foi Ignacio J. Oñate G. de la Rasilla, o secretario era Antonio Andina Penabad e o tesoureiro Edelmiro Rivas González. Como vogais actuaban: José Luis Botana Veiguela, Mª del Carmen Mon Bellón, José Fernández Mauricio, Miguel Díaz Rodríguez, Maximino Aramburu Mejeras e Francisco Maseda García.

Sete folios mecanografados forman a acta fundacional na que se recollía que os fins da asociación eran: a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos seus afiliados; fomentar a solidariedade dos afiliados promocionando e creando servizos de natureza asistencial, e programando as necesarias accións encamiñadas a conseguir melloras sociais e económicas para os seus asociados; fomentar a promoción comercial, cultural, industrial, de servizos e turística do municipio de Ribadeo; e cuidar as relacións cos organismos municipais, provinciais, autonómicos e nacionais, na procura do mellor desenvolvemento dos intereses dos sectores representados.

Pasaron 25 anos desde a constitución de ACISA. A asociación estivo presidida por Andrés Tojal, Pablo Vizoso, Gervasio Cao, Francisco Iriarte e Roberto Rivas e desde fai unhas semanas o seu máximo responsable é Roberto Ramos. Decenas de empresarios pasaron pola xunta directiva e fóronse enfrontando e adaptando ós tempos ata conseguir que o comercio e a hostalería ribadense sexan un auténtico referente tanto na Mariña de Lugo coma no Occidente asturiano.

A actual xunta directiva, que preside Roberto Ramos, quere agradecer nesta data tan especial “todo el trabajo que han realizado nuestros predecesores para promocionar el tejido comercial y empresarial de la localidad y para promocionar turísticamente Ribadeo. Este municipio, sus negocios y sus gentes tienen un gran futuro por delante. Todos: asociados, junta directiva e instituciones seguiremos trabajando en esa línea para conseguir que Ribadeo continué despuntando y mejorando desde el punto de vista turístico, comercial y hostelero”.

ACISA, que conta con máis de 200 socios, iniciaba o pasado mes de marzo unha serie de actos conmemorativos para celebrar o seu 25 aniversario. Estas actividades seguirán ó longo das vindeiras semanas.

Exit mobile version