Site icon Crónica3.com A Mariña

Alonso considera que o PSOE ten un concepto moi pechado do que é colaborar coas asociacións e apoiar ao comercio local

Cervo, 28 de maio de 2014- A edil de Turismo, Begoña Alonso, asegurou este mércores que o grupo municipal socialista ten un concepto “cerrado y limitado” da colaboración que pode prestar un concello ás asociacións ou ao comercio local. En concreto, os socialistas criticaran a forma de cooperar que ten o Concello de Cervo coa ACIA de San Ciprián, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos.

Alonso explica que unha das múltiples formas que existen de apoiar a labor de asociacións como a ACIA e o comercio local en xeral é poñer en marcha actividades que lle dean vida á vila, que xeren riqueza e que atraian visitantes e turistas. “Si generamos dinamismo y actividad, la gente sale a la calle a participar, y si ponemos en marcha iniciativas interesantes, conseguimos atraer a visitantes y turistas”, asegura.

A edil lembra algúns exemplos recentes de actividades que xeraron movemento e beneficios directos na economía local, como é o caso da Festa do Ourizo ou a do Mexillón, o Congreso Periodipesca, a I Concentración de Coches Clásicos ou o Torneo de Baloncesto de Base. Sen esquecer o posible retorno a longo prazo que poderá reportar. Da mesma maneira, a edil defende que manter o concello en bo estado, como foi o caso do pintado dos sinais en zonas comerciais do municipio, tamén repercute positivamente.

Alonso lamenta que “los socialistas no sean capaces de abrir su mente y entender que para ayudar a las asociaciones hay que implicarse y trabajar con ellas”.

Exit mobile version