Desde Gaia explican que “os cidadáns debemos responsabilizarnos de non derrochar a auga e usala de maneira racional”. En os conceptos que barallaron diante dos rapaces figuran que “para converter a auga non potable e auga apta para o consumo é necesario potabilizala (entendemos por auga potable a auga apta para o consumo humano, a que é apta para beber e para usos domésticos). Os tratamentos empregados nunha pranta potabilizadora para reducir as impurezas poden ser de natureza física, química ou biólóxica”.
Os rapaces escoitaron que a auga antes de chegar ás casas ten o seguinte percorrido:
-Almacenamento: a auga almacenase nun embalse.
-Potabilización: A auga trátase nas prantas de potabilización para adecuar a súa calidad ao consumo humán. Filtrase para eliminar a materia orgánica e as partículas que leva en suspensión e desinféctase con cloro.
-Distribución. A auga levase hasta as casas a través de grandes conducións.
-Depuración: A auga depurase antes de ser enviada ao mar.
Desde Gaia engaden que “con ésta visita guiada preténdese concienciar ao alumnado da importancia do uso sostible da auga, do ciclo da auga e a depuración como clave para o mantemento dos ecosistemas mariños”.