Site icon Crónica3.com A Mariña

As batukadeiras caboverdianas Nos Herança que pasarán as festas en serán recibidas o xoves no Concello

Burela, 23 de maio de 2014. O vindeiro xoves, 29 de maio, dende a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela vai ter lugar unha recepción ás Batukadeiras Nos Herança.

Segundo explica Diana Durán “trátase dun grupo de música caboverdiano que ven a Burela para celebrar coa comunidade asentada no noso municipio as festas patronais”. Esa recepción será ás 12:30 horas na Casa do Concello e posteriormente terá lugar na Casa da Cultura a inauguración da exposición titulada “Galicia-Cabo Verde: Unha Irmandade”, unha mostra que ensina parte dos proxectos de cooperación realizados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade nas illas de Cabo Verde. A exposición está formada por 20 paneis a toda cor, con algunhas das fotografías máis significativas de Rober Amado, gañador da primeira edición do concurso fotográfico Imaxes con Fondo.

Exit mobile version