Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas achéganse ó final da Liga agardando unha sorpresa do Atlético

O duelo pola Liga achégase ao final, Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid afrontan a penúltima xornada de Primeira División co alirón en xogo. As madrileñas dependen de si mesmas mentres que as mariñás esperan un tropezo das colchoneras na súa visita a Roldán, o empate sería suficiente para que o Atlético conquistase a súa segunda liga. Pola súa banda, o Burela Pescados Rubén desprázase a Pamplona para medirse ao Lacturale Gurpea Orvina, ambos duelos xóganse o sábado 24, a partir das 18.00 horas.

Aínda que as opcións laranxas son escasas, cinco puntos de desvantaxa respecto ao Atlético de Madrid a falta de dúas xornadas, máis o gol average particular, a escuadra dirixida por Quico Otero xogará coa “concentración e responsabilidade que tivemos ata o momento. A nosa obrigación é competir e sumar os tres puntos. Si o Atlético gaña ou empata proclamarase campión pero en caso de sorpresa debemos ter os deberes feitos e obrigarlles a chegar á última xornada para conquistar a Liga, aínda que somos conscientes que é unha combinación moi complicada”. Respecto ao duelo ante o Lacturale Gurpea, Quico Otero espera un partido “intenso porque o Orvina estase xogando a categoría, xogarán con moita intensidade e debemos saber ler as fases do encontro para gañar os tres puntos”. Únicamente Jozi é baixa nas filas laranxas, a meta brasileira continúa recuperándose da súa rotura fibrilar.

Exit mobile version