Site icon Crónica3.com A Mariña

As laranxas visitan o IES María Sarmiento de Viveiro

visitabfsf_colexioviveiroO Instituto Maria Sarmiento de Viveiro recibiu a visita das xogadoras do Burela Pescados Rubén; Bea Mateos, Lara e Jozi que compartiron unha intensa xornada de Fútbol Sala co alumnado de 3º de E.S.O. Entre outros obxectivos, a actividade realizada está orientada cara a promoción e difusión do fútbol sala feminino, incidindo especialmente no respecto polo deporte feminino entre os escolares mariñaos. As xogadoras fomentaron o seu espírito laranxa entre o alumnado vivariense, á vez que observaron as súas habilidades e aptitudes para o fútbol sala durante as diversas sesións practicadas.

Exit mobile version