O xoves 1 de maio celebrouse o roteiro poético polas rúas da cidade “un auténtico espectáculo cultural das palabras en estado puro, ademais, nun marco incomparable como Mondoñedo”, relatou Souto “un evento que seguro que terá continuidade en vindeiras edicións”.
O programa das festas remata este sábado cunha exhibición de hípica (concurso de salto) que se celebrará no recinto da Granxa, ademais da actuación na Alameda dos Remedios da Orquestra Los Players e o concerto estelar no Auditorio de Mondoñedo da cantante de Paula Rojo.
Tamén haberá ás 12.30 horas unha exhibición de Showcooking de cociña con Poldro galego na Alameda, no que se elaboraran 2 receitas, co fin de dar a coñecer as posibilidades deste produto á hora de cociñar. Este evento será realizado pola bogueira gastronómica Rocío Garrido Caramés quen recibiu o premio Gourmand World Cookbook pola súa publicación “Cociñando coas razas autóctonas”.
Xa pola tarde ás 19:00h celebraráse a CARREIRA POPULAR POLA NATUREZA, “Ruta da Auga” (9 Kms. de percorrido), onde se espera que participen máis de 100 atletas.
Paula Rojo presenta “Érase un sueño”
A cantante asturiana Paula Rojo (Oviedo, 1990), presentará nas Quendas o seu álbum debut “Érase un sueño”. A cantautora asturiana de country e pop acadou popularidade trala súa participación na primeira edición do programa de televisión musical La voz (España), emitido por Telecinco. Rojo colaborou con músicos como Ramón Arroyo (Los Secretos), Juan Carlos Fuguet, Raúl Márquezo do grupo”The Wild Horses”. O concerto celebrárase no Auditorio de Mondoñedo, e as entradas que terán un importe de 10 euros.