Site icon Crónica3.com A Mariña

As Xornadas do deporte Academia IMDECUM deu comezo este mércores coa presenza de Ángel Antonio Barajas

_MG_3118Burela, 22 de maio de 2014.- A terceira edición das Xornadas do deporte Academia IMDECUM deu comezo este mércores 21 coa presenza do docente do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade de Vigo, Ángel Antonio Barajas Alonso.

A partir dos coñecementos adquiridos en investigacións previas na materia de impacto económico en eventos deportivos trasladou ós presentes conceptos específicos na materia, facendo mención especial dos diferentes factores condicionantes que poden xerar un impacto positivo ou negativo ex post da celebración do evento, destacando como fontes do impacto o número de espectadores, participantes, medios de comunicación…
Todos os conceptos foron plasmados nun exemplo fruto da investigación do impacto económico que xerou o Rally de Ourense en dita cidade nas ultimas edicións celebradas.

Tamen se refiriu o profesor Barajas ó fútbol sala dun xeito máis precavido, destacando que para poder falar de impacto sería necesario estudialo, aunque incidiu que “a Burela coñeceselle polo fútbol sala”.

O vindeiro xoves 29 as 17:00 horas no pavillón Monte Castelo continuará a celebración destas Xornadas coa presenza da deportista do Judo Club Lugo Sara Alvarez Folgueira, acompañada de Miguel Blanco Castro, adestrador do Judo Club Lugo e Ivan Carballeira preparador físico de dito club co relatorio “Judo na provincia”.

Exit mobile version